Saturday 18 de May de 2024

Arredor de sesenta vehículos participarán na VIII Concentración Tuning de Riveira


A cita cambia de data e terá lugar esta mesma fin de semana

A Concentración Tuning de Riveira cambia de data na súa oitava edición e en lugar de celebrarse no mes de setembro como en anteriores convocatorias este ano terá lugar esta fin de semana nos días 1 e 2 de xullo.

Para falar das principais características deste certame compareceu hoxe no Consistorio en compañía da concelleira Herminia Pouso Fanny Suárez como representante do club GDC Tuning, que é o organizador da acción coa colaboración do Concello e numerosos patrocinadores.

Suárez avanzou que a cifra de vehículos participantes será superior a anteriores edicións, agardándose arredor de 60 que se darán cita na explanada de Coroso onde está situada a sede da UAD. Repartiranse uns 80 trofeos en numerosas probas de son, escape e incluso cervexa.

Dous fitos importantes na programación serán o tradicional desfile en carrusel polas rúas do centro de Riveira que terá lugar o sábado ás 203 horas e a entrega de premios o domingo a partir das 16.30 horas.

Carácter solidario
Como cada ano, a cita terá un compoñente solidario e esta vez 5 dos 15 euros que custa cada inscrición irán destinados á Protectora Moura.